Saturday 04 de May de 2024

Mañá celébrase a sardiñada da praia de Mera


O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, organiza mañá a tradicional sardiñada que se celebra na praia de Mera. A festa comezará a partir das 20:00 horas.

Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas (10 euros unha ración, 5 euros media ración), poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.

A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña. Trátase dunha festa de grande interese cultural, social e turístico.